Búsqueda de Editorial : XERAIS / Colección : EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

32 resultados

  • A MEMORIA DA CHOIVA
    FEIJOO, PEDRO
    Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb. A primeira é a brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. A segunda, ese detalle que non encaixa na esce...

    24,50 €

  • CITA EN FISTERRA
    REI NÚÑEZ, LUÍS
    O viaxeiro destas páxinas é deses tipos pouco dados a conxugar en primeira persoa heroísmos e bravuras. No canto das xeografías da anaconda, o tigre ou as moscas tse-tse prefire a máis modesta, é un dicir, da centola. Así emprende a viaxe a unha terra mítica, que el quere despoxada de calquera clase de verniz espiritual: non se trata dun Xacobeo bis. Mais non por iso deixa fóra...

    20,50 €

  • O MÁIS ESTRAÑO
    RIVAS, MANUEL
    Dise no coro de Antígona que hai moitas cousas estrañas no universo, pero que o máis estraño é o ser humano. A boca da literatura naceu para expresar iso que é o máis estraño. Manuel Rivas reúne todos os seus relatos nesta obra, que é tamén unha psicoxeografía, unha zona de rescate da memoria fronte á amnesia, onde o desexo loita contra a morte e a imaxinación levanta o voo. As...

    26,95 €

  • NINGUÉN
    ALONSO, FRAN
    Sara, unha muller que está farta dos ruídos da cidade, decide cambiar de estilo de vida. Un mozo vive obsesionado polas voces dos seus veciños, que lle impiden levar unha vida normal. Outra muller cítase nunha cafetería cun home ao que coñeceu a través de Internet. S. Lonely toma a decisión, por primeira vez na súa vida, de emprender unha pequena viaxe de vacacións para romper ...

    19,50 €

  • EXTRAMUNDE
    QUEIPO, XAVIER
    Extramunde narra, co alento prendido nas entrañas, unha viaxe alucinada que vai da freguesía de San Andrés deica a illa de Borneo, pasando por Senegal, Camerún, o Cabo de Boa Esperanza, Mozambique, a illa de Madagascar, a badía de Trincomalee, as illas de Anamán e o estreito de Malaca. Unha novela que retrata o poder omnímodo da Igrexa nos tempos escuros da Inquisición e a nave...

    24,50 €

  • POÑENTE
    TOBARUELA MARTÍNEZ, PERE
    O poñente e a súa luz guían os dous protagonistas desta novela: Carme e Josep. Carme é unha muller de hoxe en día mergullada nun fondo proceso de cambio emocional. Para ela a luz do poñente ten un perfil concreto: unha galega chamada Sarela que, entre outras cousas, a obriga a cuestionarse a súa identidade sexual.Atendendo a coordenadas temporais diferentes, o poñente tamén con...

    20,50 €

  • VÍA SECUNDARIA
    ALFAYA, AN
    Na vía secundaria que conduce ao polígono industrial prodúcese un atropelo nun día de choiva. Ese desafortunado incidente marcará un punto de inflexión nas vidas das persoas que participan no suceso até situalas nunha calella con poucas saídas. Nora e Ramón, un matrimonio cada vez máis afastado por mor das súas adicións; Obdulia e o seu pai, Anselmo, que viven na solitaria casa...

    20,50 €

  • UN DEDO MANCHADO DE TINTA
    PORTAS FERNÁNDEZ, MANUEL
    Un dedo manchado de tinta non é unha novela, afirma categórico Gonzalo Salgueiro, ou polo menos non é unha novela ao uso, aclara el mesmo despois. E vai ser que si, que ten razón. Que isto non é unha novela e que el tampouco é un escritor que responda aos canons establecidos, nin Alberte vai ser un funcionario municipal arquetípico, nin Malulú un vendedor ambulante calquera, ni...

    20,95 €

  • DESPOIS DA MEDIANOITE
    SALMA
    No entorno abafante dunha pequena aldea de Támil Nadu, do outro lado da luz, no escuro da medianoite, no lugar pechado das casas e das cociñas, no reverso das normas da comunidade, transcorren as vidas de Rabia, Wahida, Rahima, Zohra, Firdaus e o resto das mulleres de Despois da medianoite. As súas arelas, os seus problemas e solucións vannos levando por un camiño de dificultad...

    26,95 €

  • A VEIGA É COMO UN TEMPO DISTINTO
    MOREDA, EVA
    Para Elisa dos Barreses e para Gelo o medo comezou en Portobello Road. Tamén alí foi onde retomaron a súa amizade, descubriron o pracer, o valor da liberdade, a música dos Beatles e dos Monkees ou a minisaia de Twiggy. Para eles, dous mozos emigrantes, A Veiga, o seu territorio de orixe, quedara conxelada no mesmo día que a abandonaran, converténdose nun tempo distinto.Narrada ...

    20,50 €

  • SVEA KÖTT (CARNE SUECA)
    TABUYO, DOMINGO
    Sindo Romero, comisario xefe da Sección de Investigacións Especiais (SIES), era coñecido e valorado pola súa eficacia na resolución dos casos de características excepcionais e por ter unha habilidade singular, unha intuición que lle permitía casar as pezas dos tramados máis complexos aos que ninguén lles atopaba nin pés nin cabeza. Romero, mergullado nas saudades da súa Arousa,...

    20,50 €

  • NON HAI NOITE TAN LONGA
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dun delito polo que foi condenado e encarcerado, nun proceso que provocou a súa morte, en 1972. Só trinta e dous anos despois, o falecemento da súa nai é o que o forza a regresar. E...

    19,95 €

  • AS PALABRAS QUE MOVE O MAR
    DOMÍNGUEZ TOXO, XAIME
    As palabras que move o mar son catro relatos longos que teñen como fío condutor a memoria e a construción da identidade alicerzada neses recordos que permanecen imborrables na nosa vida ao longo dos anos. Por que determinadas impresións de natureza emocional, visual, olfactiva, táctil nos acompañan nesta viaxe de asombro e dúbidas que é a vida durante toda a travesía? Un sinal,...

    20,50 €

  • O BEBEDOR DE RAKIA
    MARCOS LÓPEZ, XESÚS MANUEL
    Branca sabe que na entrada do xulgado ten que pedirlle algo moi difícil á súa cuñada Chelo. O futuro de Alberte está en xogo. Mentres, no silencio espeso do calabozo, quen fora soldado profesional, especialista en transmisións, rememora a experiencia vivida quince anos antes, cando formou parte das tropas da misión española na guerra de Bosnia. A fame, a sucidade, o frío, o alc...

    20,50 €

  • CARA B
    SILVA REGUEIRA, IGNACIO
    Nun momento determinado, as vidas dos protagonistas de Cela Aberta (Premio Certame Literario Valle Inclán da Pobra do Caramiñal, 2008), Vertixes (Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Riveira, 2009) e Escintileos (II Premio de Micronovela Concello de Soutomaior, 2009) toman un rumbo que ningún deles previra. As circunstancias non agardadas nas que se desenvolven adquirirá...

    20,50 €

  • TODO É SILENCIO
    RIVAS, MANUEL
    Todo é silencio narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Noitía, o universo que domina ao seu antollo. En Noitía, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións. Todo é silencio narr...

    20,95 €

  • VIDAS POST-IT
    ZUÑIGA, IOLANDA
    Os relatos de Vidas post-it, que tiveron unha excelente acollida por parte da crítica e, sobre todo, dos lectores, constitúen o primeiro e sólido paso adiante dado na literatura por unha das autoras galegas revelación dos últimos anos: Iolanda Zúñiga, recente Premio Xerais de Novela.Contemporáneos e fragmentarios, os de Vidas post-it son relatos curtos, concisos e veloces, que ...

    19,50 €

  • RANDEA DO ALENTO
    MÜLLER, HERTA
    Aínda había guerra en xaneiro de 1945 cando se inicia a deportación aos campos de traballos forzados en Ucraína da minoría alemá en Romanía. Nese momento comeza a historia que relata Leo Auberg, un mozo de dezasete anos, obrigado a abandonar a súa vila, no momento xusto. Porque a el xa lle sucedera algo: ?Prohibido?, ?raro, sucio, vergoñento e fermoso?. Formar parte da listaxe ...

    24,50 €

  • PERIFERIA
    ZUÑIGA, IOLANDA
    Luciana e Brown unen os seus destinos, marcados polo amor, o narcotráfico e a violencia, nos límites dunha das favelas de Sao Paulo. Alí na periferia desordenada da megalópole transcorre esta historia, escrita ao ritmo do rap, na que se esculcan os ingredientes da vida urbana no século XXI.O xurado do Premio Xerais 2010 no ditame que elaborou sobre Periferia, a novela de Ioland...

    25,95 €

  • ASASINATO NO CONSELLO NACIONAL
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Un encarapuchado asasinou de tres disparos a Mario Dacosta, parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, cando saía da reunión do Consello Nacional no que a executiva, co seu voceiro á cabeza, Óscar Quiroga, presentou a súa dimisión. Os feitos aconteceron pouco despois das seis da tarde, cando Dacosta se dispuña a arrincar o seu coche, estacionado no aparcadoiro do Hotel Congre...

    23,50 €

  • LUZ DE TEBRA
    VÁZQUEZ DE LA CRUZ, ÁNGEL
    «Luz de Tebra é unha obra de rescate. Luz de Tebra vainos levando, relato a relato, chanzo a chanzo, do frío á calor, da intemperie a un forno comunal ou a un furancho dos de loureiro á porta. Ten o peculiar roxarse interior da ánima, do que arde sen se ver. Luz de Tebra é un dos libros de contos que enxerta, xa para sempre, na herdanza das nosas mil e unha noites: Retrincos de...

    20,50 €

  • O COITELO EN NOVEMBRO
    ALEIXANDRE, MARILAR / ALEIXANDRE, MARILAR
    ¿Que papel teñen as historias na nosa vida? ¿Somos o que contamos? ¿Poden os muíños, aínda que non sexan de vento, derrubar a un por terra? ¿Cantos coitelos entraron en novembro no corpo dun ditador agonizante? Neste libro, talvez unha novela, talvez un mando de relatos, as persoas resístense a ser tratadas como personaxes; os contos auténticos, parte enguedéllanse cos inventad...

    20,95 €

  • DENSO RECENDO A SALGADO
    PORTAS, MANUEL
    Denso recendo a salgado son os fragmentos dun espello escachado por un golpe; as páxinas dunha intensa novela con moitas novelas dentro; unha historia de historias fragmentarias e ocasionais, tecida con fíos multicolores de personaxes que se entrelazan dende unha aparente desconexión inicial para acabar nunha frenética sinfonía vital, tráxica e vibrante, trepidante, delicada, p...

    20,95 €

  • A INTERVENCIÓN
    MOURE, TERESA
    Un pianista retirado, unha dermatóloga, o fillo desta, estudante universitario, e mais unha das súas profesoras na facultade de Historia reúnense para constituíren un comando artístico. O seu obxectivo é levar a cabo unha performance un tanto particular, a medio camiño entre a creación estética e a toma de conciencia política. Instalados ao pé das montañas do Courel, este grupo...

    20,50 €

  • SETTECENTO
    SÁNCHEZ CALVEIRO, MARCOS
    O badaleo de todos os campaniles de Venecia resoa en canles e pazos da Serenísima República unha mañá do ano de 1739 e, coma nun teatro barroco, álzase o pano deste melodrama para música no que todos os personaxes semellan agochar sentimentos e intencións tras unha branca máscara de Entroido. Baixo a atenta ollada dun alado león de mármore, Antonio Vivaldi prepara a estrea da s...

    20,50 €

  • O GRITO DO IPIRANGA
    GARCIA MAÑA, LUIS MANUEL
    Nemesio Castro, o investigador que colabora de forma ocasional coa Secretaría de Estado do Goberno da raína Isabel II, regresa do Brasil, onde como home de negocios acadara unha posición de prestixio, para desenredar un nobelo de espionaxe política no Norte de África. No polo oposto da roda da fortuna, Clemente da Silva, outro emigrante galego no Brasil, é interrogado pola poli...

    20,50 €

  • BILBAO-NEW YORK-BILBAO
    URIBE URBIETA, KIRMEN URIBE
    Bilbao?New York?Bilbao relata un voo entre o aeroporto de Bilbao e o JFK de Nova York. O autor viaxa no avión e durante a travesía dá conta tanto do proceso de creación da novela que está escribindo como das súas propias dúbidas. A novela aborda a historia de tres xeracións dunha mesma familia. A primeira, a de preguerra, protagonizada polo seu avó e os membros dunha xeración d...

    20,95 €

  • XUVIA-NEDA
    ARAGUAS, VICENTE
    Este libro de relatos está composto dun par de ducias de achegamentos a ese terreo máxico, de puro realista, co que Vicente Araguas asegura manter unha relación carnal. E afellas que a través deste relatorio imos vendo como o erotismo e máis a chamada telúrica van ensamblando un conxunto onde a melancolía dos perdedores canxa coas maneiras nobres de quen miran como as luces do ...

    20,50 €

  • UNHA HISTORIA QUE NON VOU CONTAR
    CID CABIDO
    Con Unha historia que non vou contar, o sempre agardado escritor Cid Cabido retorna á actualidade cunha novela que cuestiona os moldes da propia ficción. Dinamitando os cimentos da novela e partindo dun estilo depurado e persoal que sempre caracterizou ao autor, Unha historia que non vou contar conforma unha novidosa e intrigante narración protagonizada por un escritor que habi...

    17,00 €

  • SETE PALABRAS
    TORO, SUSO DE
    Esta nova novela de Suso de Toro tómanos da man desde o comezo e fai que, empurrados pola intriga e pola emoción da súa lectura engaiolante, acompañemos ao protagonista nunha estraña viaxe cara á orixe para desvelar as claves da identidade persoal. Este relato é unha investigación radical e íntima, unha historia de familia, un retrato particular e colectivo dos humildes onde se...

    23,50 €


01 02