Búsqueda de Editorial : XERAIS / Colección : INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - DE 11 ANOS

10 resultados

  • DANNY, O CAMPIÓN DO MUNDO
    DAHL, ROALD
    Tiña catro meses, Danny perde a súa nai. A súa única compaña será a de seu pai, que para el é o máis marabilloso do mundo. Vivían nun vello carromato de xitanos, que era a súa modesta casa e o seu fogar feliz, situado detrás dunha gasolineira na que ademais facían algunhas reparacións. Os xoguetes de Danny foron as rodas, os cegoñais, toda esa zarrapallada dos motores e demais ...

    14,90 €

  • A CHAVE DA ATLÁNTIDA
    FARIÑA, ANXO
    Os científicos do «Proxecto Prometeo» crearon A-cero, un ser humano artificial. Un proxecto científico que os bioenxeñeiros da empresa Biomorph desenvolveron a partir da lectura duns pergamiños atopados na fosa Kermadec, cando indagaban sobre a cidade asolagada da Atlántida. Aqueles pergamiños, redactados nunha lingua descoñecida, deixaban ver uns planos nos que se identificaba...

    13,00 €

  • A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas, vive coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila mariñeira. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que consegue abraiar, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo.O ...

    14,90 €

  • O MISTERIO DAS BADALADAS
    DOCAMPO, XABIER P.
    No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que anunciarán a todos os habitantes que son as doce da noite. Unha, dúas, tres..., dez, once... Entón sucede algo que haberá dar nun acontecemento que só cinco rapaces resoltos e afoutados quererán pescudar até encontrar explicación para un fenómeno que a todos confun...

    14,90 €

  • XENARO E O MISTERIO DA MOCHILA VERDE
    GUERRA CID, MAR
    A Xenaro Conese Maiúsculo o que máis lle gusta é xogar coas palabras e ler. Tamén lle gustan os xogos de computador, o xadrez, os cómics, os documentais e a música...; porén, pode parecer un bicho raro porque tamén lle encanta facer de detective e resolver misterios dos que se producen no Universal, o seu colexio. Xirando arredor da amizade e os seus modelos e xogando coa lingu...

    14,90 €

  • CONTOS POR PALABRAS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Este libro consta de oito contos. A súa caracteristica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais. " Unha chave non é suficiente " é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que " se duplica calquera chave, con ou sen mostra " . " O caso do unicornio azul &...

    10,50 €

  • XENARO E A HUCHA DO INDIANO
    GUERRA CID, MAR
    A Xenaro Conese Maiúsculo complicanselle moito as cousas esta volta. Ademais de ter que se enfrontar cos irmáns Lourido, uns mangallóns disque malos malísimos, ten que aturar unha nena nova na súa clase, Sefi a madrileña. Por riba, o seu amigo da alma, Flipe Efes, compórtase dun xeito moi estraño, coma se agachase algún segredo. Resolver o misterio da Horta dos Reis seralle o d...

    14,90 €

  • FOLERPAS DE NOVONEYRA
    ALONSO, FRAN
    Folerpas de Novoneyra é un libro que convida a achegarse á vida e á obra de Uxío Novoneyra, o poeta do Courel a quen homenaxea a sociedade galega nas Letras Galegas 2010. Coa naturalizade que caracteriza a escrita de Fran Alonso, estas páxinas seducen e constitúen unha porta para entar na poesía silenciosa e no universo biográfico de Novoneyra. A través de pequenas descubertas,...

    10,95 €

  • A CASA ABANDONADA
    HEINZE, URSULA
    Olalla é unha regular estudiante de final do 2º ciclo de primaria. O feito de suspender un exame obriga á protagonista a cumpri-la ?penitencia? de atravesa-lo soto da casa abandonada, envolta na escuridade e polo medio da auga. O achado dun óso desencadea a aventura secreta de toda a panda. Polo medio, diferentes situacións que amosan as relacións coas persoas adultas, a amizad...

    10,50 €

  • O MONSTRO DAS PALABRAS
    REIMÓNDEZ MEILÁN, MARÍA
    Alba e Lela chegan unha miga máis tarde á escola e atópanse con que xa están sentados todos os nenos e nenas, mais ninguén fala; están como aparavados, só tatexan unhas palabras sinxelas. Nese momento chega a mestra, que axiña entende que ocorre e lles di que todo indica a chegada do monstro, un monstro que ela xa coñece porque estivo outras veces no seu lugar. Ante o abraio da...

    12,50 €