SANTIAGO ALVAREZ
Cando o autor deste libro, Santiago Alvarez chega clandestinamente a Madrid en 1944, logo do seu exilio despois da guerra civil, traía unha misión moi concreta: asumir a difícil e complexa tarefa de dirixir as guerrillas: as accións armadas que desde a clandestinidade e a montaña mantiñan viva a resistencia republicana contra o réxime do xeneral Franco, victorioso na guerra.
" Por razóns obxectivas, por circunstancias políticas e porque axiña fun detido e encadeado, non collín a dirección deste labor " , explica Santiago Alvarez nestas memorias. " Pero na miña longa ¡ida militante, sempre ocupou a guerrila unha parte importante da miña preocupación teórica e política " .
E:ran os fuxidos, os escapados, os " que andaban no monte " . Entre 1936 e 1952 sobre todo, ano da morte do mítico Foucellas, a República resiste nas fragas e caborcos de Galicia da man destes homes e mulleres que, en moitos casos, acaban formando parte da lenda popular: Manuel Ponte, Gómez Gayoso, Antonio Seoane, O Corchas, Moncho, Vilaboi... que constitúen as Agrupacións do Exército Guerrilleiro de Galicia, inspirado fundamentalmente polo PCE.
Santiago Alvarez, militante do Partido Comunista desde 1931, utilizando testemuños de primeira man e información inédita, ofrécenos en Memoria da querrilla unha nova serie de valiosos documentos para o coñecemento deste capítulo aínda ben escuro da nosa historia contemporánea.